Co seu ouro vello, mol,
o ourizo ouriceiro
toma o sol
no pico dun castiñeiro.
Tal un señor moi mandón:
o ourizón,
no pico dun castiñeiro
tomando o sol moi riseiro.
O ourizo está moi ledo
coa súa casa ben pechada
-¡ouh, qué medo!-
de espiñas toda cercada.
Quér botar unha risada
i os seus dentes arregaña
case un nada:
¡e xa fuxio a castaña...! (Manuel María)
No hay comentarios:
Publicar un comentario