martes, 2 de diciembre de 2008

A nosa historia de medo

Aquela mañá foramos ao cine, a ver a película Magorium. Cando chegamos ao colexio decatámonos de que estaba baleiro, non había ninguén. o primeiro que pensamos foi que tiñamos mal o reloxo e que se foran todos para casa aínda que era estraño que o conserxe non quedase para esperarnos.
Estrañados decidimos subir a clase para coller as nosas mochilas e cando fomos abrir a porta atopamos as paredes cheas de arañas xigantes repletas de formigas. Corremos cara abaixo , cheos de pánico.
Ao intentar saír as portas estaban hermeticamente pechadas, fomos cara as ventás e era imposible abrilas, o teléfono non funcionaba e por fóra non pasaba ninguén.
O reloxo da sala de profesores marcaba as 12:30.
Desconcertados e mortos de medo, aprovisionámonos de todo o que atopamos para defendernos. Vasoiras, martelos, paus de fregonas.
O primeiro que intentamos foi romper os cristais .Imposible.
Tiñamos que intentar probar no piso de arriba, a porta do pasadizo externo que dabá as obras. Habería que enfrontarse ás arañas e formigas.
Fomos subindo as escaleiras presos do pánico e mentres uns loitaban con aquel exercito de animais outros correron a comprobar se a porta estaba aberta.
-Correde,correde! Berrou Steven.
- A porta está aberta, estamos salvados.
Corremos cara a porta liberándonos das arañas e formigas e cando xa estabamos fóra un forte vento en forma de tornado arrastrounos, tragándonos cara o fondo da terra.
Caemos nun lugar escuro e cheo de ruídos estraños.
Xurxo lembrou que tiña unha lanterna na súa mochila e non dubidou en sacala.
Horror! Estabamos nun gran cemiterio. Os morcegos voaban por riba das nosas cabezas. As ratas corrían entre os nosos pés e das tumbas saían voces de terror.
De súpeto comezamos a ver como saían esqueletos que se dirixían cara nós...corremos e corremos...e eles, que cada vez eran máis, perseguíannos exclamando voces e nunca mellor dito, eran voces de ultratumba.
Hanna berrou:
-Imos cara alá, vexo como unha luz e ao mellor dalles medo.
Fomos todos cara a luz...e deixaron de perseguirnos, a luz lles daba terror.
Non somos capaces de lembrar ben o que ocurreu pero de súpeto nos vimos enriba dun pratiño voante que nos sacou de alí e aparecemos de novo no colexio, xusto no momento que soaba a serea e os nosos compañeiros saían como sempre das súas clases, todo parecía normal. E este foi o noso primeiro e gran segredo.

No hay comentarios: