viernes, 16 de enero de 2009

O MAR

Tí nunca viches o mar
cos seus berros bruadores,
coas súas escumas de prata,
cos barcos e os pescadores.

-¿ Tí nunca viches o mar
a tecer e destecer
ondas azues que van
á praia mansa morrer?

-¿E ti non sabes que o mar
é unha inmensa longura,
auga e ceo, ceo e auga,
maxestade e fermosura?

-¿Tí nunca viches o mar?
¿E sabes que non repousa?
-¡Se nunca viches o mar
non viches ningunha cousa!

"Os soños na gaiola" Manuel María

No hay comentarios: