miércoles, 28 de enero de 2009

A paz

O día 30 celebramos o día internacional pola Paz, no noso colexio sempre facemos un acto para remarcar así unha vez máis a importancia de loitar por ela , sempre e en todo momento, nós pensamos que a úneca batalla que realmente merece a pena.
Ese día como acostumamos facer nos últimos anos botamos pombas menxaseiras e recitamos todos xuntos uns pequenos pareados elexidos de entre tódolos curso, este ano as nosas voces van decir:
¡ESCOITAME RAPAZ
LOITEMOS POLA PAZ!
A PAZ HAI QUE CREALA
E TAMÉN COIDALA
SE NO MUNDO QUERES CONSEGUIR A PAZ
POLO MIÚDO TERÁS QUE EMPEZAR
NON QUERO PELEXAR
DAME A MAN, IMOS XOGAR
QUERO SER O TEU AMIGO
QUERO XOGAR SEMPRE CONTIGO
¡ESCOITAME RAPAZ
LOITEMOS POLA PAZ!

No hay comentarios: