miércoles, 28 de enero de 2009

¡Por fin!

Cando empezamos o curso e nos presentamos todos, ilusionados por ser o primeiro día de clase, puxéronnos unha película na biblioteca. Antes do recreo mandáronnos subir a aula e coller a merenda. Carlos e María que estaban sentados no lado da ventá dixeron:
-Algo raro pasa, móvese a miña cadeira.
-A miña tamén, dixo Carlos.
-Vide todos, o chan movese, gritou Xurso.
-Correde, abride as persianas.
Todos corrimos e cando abrimos as persianas, encontramonos uns camións,apisonadoras,grúas......
- Non isto non por favor, dixo Sergio Ríos.
-Non pode ser, isto é unha broma, dixo Carme.
-Creo que non, dixo Laura, é moi serio.
-Creo que o millor é avisar a Roberto e a Pilar, dixo Serxio Díaz.
Os nenos foron avisar a Pilar a música e as nenas a Roberto a Educación Física. Eles xa sabían do gran desastre que había alí fóra.
Pasaron meses e o ruído aumentaba, xa non podiamos aguantar. Entón Antonio dixo:
-Hai que facerlle unha proposta a directora.
-E unha delas pode ser que Natalia compre uns tapóns-interrumpíu César.
-Está ben, dixo Ainhoa.
Botámonos todos a rir , parecianos moi ben o dos tapóns.
E así foi pasando o tempo. Cando o ruído era insoportable poñiamos música clásica ben alta, as veces buscabamos sitio no comedor senon había ninguén aínda que tiñamos que traballar no chan.
Era xa cerca das vacacións de Nadal cando parecía que o ruído comezaba a disminuir, non era que non houbese pero facíase máis soportable. Estabamos moi ilusionados co festival para o que preparamos un movemento coa música que Vivaldi compuso chamada Inverno, que forma parte das catro estacións. O festival foi un éxito. E todos os nenos e nenas do colexio disfrutamos un montón.O último día deronnos as notas, todos estabamos moi contentos cos resultados e nós fomos moi contentos para as nosas casas.
Xa de volta, o primeiro día ao entrar na clase tivemos unha gran alegría ¡Por fin non había ruído! e todos xuntos dixemos a unha ¡Por fin non hai ruído!
Agora traballamos moito máis a gusto e confiamos seguir asi ata final de curso e aprender moito, moitísimo.

No hay comentarios: