domingo, 10 de mayo de 2009

Romaría de San Miguel de Breamo.



Pontedeume érguese ó pé do monte Breamo, evocador de lendas artábricas, e no alto, o perfecto templo románico de San Miguel, conxunxión do relixioso e do profano, dende onde se contemplan amplias panorámicas destas mariñas dos Condes.

A vista dende Breamo resulta espectácular. Os días 8 de maio e 29 de setembro celébrase a Romaría na honra do santo, San Miguel.

Para chegar alí podes ter dúas opcións, subir pola estrada ou polo camiño auténtico. O camiño dende a vila é de 4 km costa arriba a través dos montes.

A verdade é que sempre se pasa ben, coas súas vistas e co seu camiño convértese en toda unha atracción para o pobo e os visitantes.

Tamén é unha tradicción dar 7 voltas a ermita na honra das sete parroquias de Pontedeume. Aínda que hoxe en día a xente soe dar 3 ou 9.

Se algunha vez vides a Pontedeume vos aconsexo ir ata alí. Seguro que non vos defraudará.



Sara.

No hay comentarios: