lunes, 15 de junio de 2009

Os profes en Marcelle

Foi un día estupendo, o tempo fixo tregua e non choveu ata o final, cando xa volvíamos para casa. Os nenos e nenas marcharon en grupos cos monitores, como xa contan ben os blogs dos cabaliños e as foquiñas e mailo blog de Sara.
Íamos 14 profes, antes de poñernos en ruta polo parque fíxemos unha paradiña no restaurante-cafetería, e alí xa comezamos a disfrutar, pois fíxeronos unha boa degustación de tortillas e deliciosos pasteis.
Fíxemos un agradable paseo e un divertido xantar, probando carnes especials como o canguro, avestruz....uns entrantes de degustación, uns postres de delicatesen...buenos non queremos faceros a boca auga pero francamente pasámolo moi ben.
E cando subíamos os autobuses comezou a chover. ¡ Foi un día fantástico !



Pilar

No hay comentarios: