viernes, 30 de octubre de 2009

O PEON e o BAILARETE.

Definición de peón:

Unha buxaina ou peón é un corpo que se fai xirar cun cordel sobre unha punta de metal sobre a que sitúa a súa centro gravitatorio de forma perpendicular ao eixo de xiro, equilibrándose sobre un punto grazas á velocidade angular, que permite o desenvolvemento do efecto xiroscópico. Normalmente utilízase coma xoguete aínda que tamén foron usadas para xogos de azar e para realizar profecías e outros rituais.

O poder xiroscópico gradualmente diminuirá debido ao rozamento do aire, conducindo a que o corpo se balancée trazando unha traxectoria circular do seu punto de apoio ata que esta é maior que o centro de gravidade provocando finalmente a caída.

Definición de bailarete:

Un bailarete é un corpo que pode xirar sobre unha punta sobre a que se sitúa o seu centro gravitatorio de forma perpendicular ao eixo de xiro, equilibrándose sobre un punto grazas á velocidade angular, que permite o desenvolvemento do efecto xiroscópico. Normalmente utilízase como xoguete existindo numerosas formas derivadas da peonza clásica, que se fai xirar coa man, normalmente grazas a un saínte en vertical que permite imprimir a forza angular. Tamén foron utilizadas para xogos de azar e para realizar profecías e outros rituais. De feito, crese que este xogo, de orixe arcaica, está asociado con rituais de adiviñación e interpretación de presaxios en certa época do ano, utilizándose para recrear o movemento dos astros, dando posiblemente como froito á perinola.

Laura

Aquí hai un video do día do peón de ano pasado:

domingo, 25 de octubre de 2009

HOLA

HOLA!!!
ACABAMOS DE EMPEZAR ESTE NOVO CURSO MARABILLOSO, DE QUE NOS LEBAREMOS MOITOS RECORDOS PARA SECUNDARIA.
SOMOS OS MESMO ALUMNOS/AS DE SEMPRE E NOS SEGUIMOS LEBANDO IGUAL DE BEN.
DIGOBOS QUE NON ESCRIBIN ANTES PORQUE SON UN POUCO VAGA!!!!!!!!! JAJAJAJAJA.
MANDOBOS MOITOS BICOS A TODOS DE PARTE DE SUPERQUINTOB.



LAURA

viernes, 23 de octubre de 2009

Inundacións...

Debido as fortes choivas que caeron nas anteriores semanas, as aulas de infaltil e o ximnasio estiveron inundadas por augas fecais. Foi todo un verdadeiro desastre, os nenos pequenos non poideron asistir a clase polo cheiro que desprendían.

Outros imperfectos das obras foron, que os nenos non podemos usar as pistas de enrriba do colexio por un muro que ten 8 m. de caída e non supera o metro de altura, co perigo que iso conleva.

Por estos motivos, hoxe a entrada fixemos unha manifestación, pedindo que non podemos aguantar máis, que axuden e reparen os danos.

PEDIMOS UNHA SOLUCIÓN XA!!! NON PODEMOS ESTAR MÁIS ASÍ!!

Aquí tedes unhas poucas fotos sacadas da páxina do centro.



Se queredes máis información podedes mirar nestes enlaces:

- La voz de Galicia

-La voz de Galicia

Sara

viernes, 9 de octubre de 2009

martes, 6 de octubre de 2009

Mar


Cando eu escribo esa palabra,
Rosa,
Unha flor de verdade
Nesta páxina abrolla.


Cando eu escribo esa palabra,
Merlo,
Un paxariño negro alza o seu voo,
Desde a póla dun verso.


Cando eu escribo esa palabra,
Nube,
Desde a miña ventá contemplo o ceo
Soamente por costume.


Cando escribo esa palabra,
Libro,
Un refacho invisible pasa as follas,
Eu fico pensativo.


Escribo rosa, merlo, nube, libro...


Mais cando escribo esa palabra,
Mar,
Son moi pouquiña cousa,
Nada chego a alcanzar.


Ramiro Fonte.


Sara

Ramiro Fonte




Dende o noso colexio estase a facer unha pequena homenaxe ó poeta eumés Ramiro Fonte con motivo de seu primeiro cabodano do seu falecemento.

Aquí tedes unha pouca información sobre el.

Ramiro Fonte Crespo, nado en Pontedeume en 1957 e finado en Barcelona o 11 de outubro de 2008, foi un escritor galego.

Licenciado en Filosofía e Letras e profesor de Lingua e Literatura Galegas, foi poeta, narrador, ensaísta, crítico e estudoso da literatura galega. Foi un dos fundadores do colectivo poético Cravo Fondo (1977). Como narrador deuse a coñecer en 1986 co relato "O retornado", Premio Pedrón de Ouro.
Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Nos últimos anos da súa vida foi director do centro do Instituto Cervantes en Lisboa.
Sara