domingo, 22 de noviembre de 2009


O pasado 20 de novembro celebrouse o día dos dereitos do neno. Hoxe póñovos aquí os 10 primeiros dereitos:

Dereito nº 1: Dereito á igualdade sen distinción de sexo, reza, nacionalidade ou relixión.

Dereito nº 2: Dereito a unha protección especial para que poidan crecer física, mental e socialmente sans e libres.

Dereito nº 3: Dereito a ter un nome e unha nacionalidade.

Dereito nº 4: Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica axeitadas.

Dereito nº 5: Dereito a recibir educación e atencións especiais se están física e mentalmente diminuídos.

Dereito nº 6: Dereito á comprensión e ao amor por parte da familia e da sociedade.

Dereito nº 7: Dereito a unha educación gratuita, a xogar e a divertirse.

Dereito nº 8: Dereito a recibir axuda en caso de perigo.

Dereito nº 9: Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación no traballo.

Dereito nº 10: Dereito a recibir unha educación que fomente a solidaridade, amizade e a xustiza entre todo o mundo.


Sara.