miércoles, 14 de enero de 2009

Superquintob viaxa

Día 12 de Decembro os nenos de superquintob van de viaxe. Van a Madrid. Queren visitar o Museo do Prado, a Porta do Sol...
Saen ás 8 da mañá, todos moi contentos porque é o soño deles.
Van ir pola autopista primeiro A Coruña e logo para Madrid. Pero durante a viaxe van pasar cousas sorprendentes que os nenos nunca olvidarán. O primeiro foi cando xa estaban saíndo de Galicia e, a policía os parou. Preguntáronlle ao condutor se levaba os papeis en regra e se o autobús pasara a ITV.
Como todo estaba en regra a policía mandoulles seguir, e moi contentos porque non pasara nada, comezaron a cantar, esa nova canción de Nena Daconte titulada: "Tiña tanto". Cando acabaron a profesora de música díxolles que cantaban moi ben e que cantaran outra.
Así sucesivamente...Estiveron cantando todo o traxecto de León ata Valladolid. Cando xa se cansaron e non lles quedaban forzas durmiron un pouco.
Entón berrou Roberto(o noso titor): ¡¡¡¡¡¡¡¡Xa chegamos!!!!!!!!
Os nenos deron un berro de alegría e satisfación porque despois de tanta viaxe xa chegaran.
Pararon na mesma Porta do Sol e dixeron: -Dende aquí retransmítense as campadas- dixo María. Pilar dixo: -Vamos ao Museo do Prado-
Alí os nenos quedaron aluciñados porque había cuadros en tamaño real,era fantástico.
Logo foron ao Palacio Real. E estaba alí o mesmo rei de España, lle dou un bico a tódolos nenos e estes se foron porque tiñan máis cousas que visitar.
Foron ao estadio Santiago Bernabéu donde os fubolistas entrenaban. Tras un longo día de viaxes e visitas alquilaron un hotel e foron a descansar ás habitacións. Ao día seguinte,achegáronse ata o zoo de Madrid.
Despois de visitar moitos sitios de Madrid,puxeron rumbo á súa casa...
Pero...algo lles deixou pasmados
¡O autobús non estaba!
Os nenos foron a tódalas estacións posibles cercanas. Pero non encontraron ningún autobús cara ao pobo dos nenos (Pontedeume)
Os profesores chamaron aos pais dos nenos e, tiveron que mandar moito diñeiro para que ao rematar volveran en avión.
Os pais mandaron a cada neno o diñeiro necesario e colleron os billetes cara Pontedeume.
Pero o que superquintob non se iba crer era que o aeroporto de Baraxas pechárase pola neve, xa que estaban en Inverno.
Devolvéronlles o diñeiro e o gastaron en quedarse uns días máis no hotel pensando ideas para volver a casa.
Pasaba xa unha semana cando un neno chamado Antonio dixo:-¡Xa o teño!volvamos en varios taxis xa que nos queda un pouco de diñeiro.
Prepararon as súas maletas e colleron os taxis necesarios.
O viaxe foi xenial,os condutores rebaixaron un pouco a viaxe por entretelo polo camiño cantando.
Chegaron a Pontedeume e apertáronse cos seus pais.
¡por fin chegaran!
Foi unha aventura estupenda.
Fin.
Laura e Pablo

3 comentarios:

carlos rodriguez dijo...

ola superquintob teño 89 anos egustoume a historia que fixero laura e pablo un bico para eles dous e para o resto tamen.



un bico rosalia

carlos rodriguez dijo...

rosalia e mailo seu fillo claro esta eque amiña nai anda con todo o que ve perdoen as molestias.

quintob dijo...

Gracias polos vosos comentarios. Gustanos moito recibilos, xa que coas opinións vosas aumentades a ilusión neste traballo. Besos para vós tamén.