lunes, 26 de enero de 2009

A tormenta perfecta


Menudo nome que puséronlle, perfecta para deixarnos sen luz, en Pontedeume ata o sábado o mediodía, e pola zona de Perbes, Campolongo....aínda hoxe estamos sen luz, auga....
O venres pasado non asistimos á clase, pola ameaza do temporal, como avisaron tarde, o teléfono non parou de soar, aínda así houbo problemas porque algunhas familias non se enteraron do aviso e mandaron aos seus fillos ao colexio.
Pola mañá do venres non foi tanta cousa , pero as 9 da noite o vento sopraba con tanta forza que daba en verdade medo. Quedamos sen luz, auga, teléfono...e o triste e que aínda moita xente segue sen luz, nin auga.
Houbo moitas desgrazas, moitas árbores arrincadas de raíz,tellados levantados.....pero a peor foi a morte dalgunhas persoas e dos nenos de San Boi.
Dende aquí mandamoslle o noso máis sinceiro pesame pola súa desgraza.

No hay comentarios: