lunes, 2 de febrero de 2009

A nena que non podía chorar

Erase unha vez unha nena chamada Sofía, ela tiña un problema, non podía chorar. Por moitas ganas que tivera lle era imposible.
Cando era pequena unha vella bruxa botoulle unha maldición. Desde aquela era imposible. Sofía sentíase moi soa, a súa estrana capacidade para non ter pena de nada, afastaba aos nenos e nenas dela.
Un día Sofía quiso buscar unha solución e díxolle a súa nai:
-Hoxe vou buscar a solución para poder chorar e ter amigos.
-Pero filla-dixo a nai- ¿Qué vas facer?
-Vou salir a buscar a esa bruxa e pedirlle que me retire a maldición.
A nena saíu a rúa e dirixeuse ao pobo onde botáranlle a maldición.Preguntou pola vella bruxa e lle dixeron onde vivía. Cando chego a bruxa díxolle:
-Soportaches bastantes anos sen chorar, debes ser tonta por querer ter pena.
-Non teño amigos- dixo Sofía- O necesito.
-¡Vale! .E pronunciou as seguintes palabras "Bad bad chu tad", bueno máis ou menos e de súpeto Sofía sentíu como corrían pola súa cara un río de bágoas.
Sofía era feliz, xa que valorou moito máis os sorrisos, a alegría e tamén o sabor ingrato das penas. A partir de entón sempre tivo grandes e bós amigos.(Laura P )

1 comentario:

Ana dijo...

Laura que conto máis bonito!!!
Moitas felicidades!!