domingo, 1 de febrero de 2009

O día da Paz




O venres día 30 celebramos no noso colexio o día da paz. Saímos a segunda hora ó patio da entrada. Alí había unas caixas con pombas mensaxeiras que trouxera Sabela da súa casa. Cando acabamos de colocarnos alumnos de 6º interpretaron o "himno a alegría" coas frautas, despois recitamos os pareados sobre A Paz. E seguido deso soltamos as pombas.
Ao final entramos e vimos un baile feito polos máis pequenos, ¡ fixérono moi ben!. Isto foi o que fixemos o día da paz.

No hay comentarios: