sábado, 14 de febrero de 2009

O esqueleto Manolo




Por primeira vez no noso cole esta semana do Entroido estamos baixo as ordes do esqueleto Manolo o "huesitos" ( así lle chamabamos nós antes). Esta idea tan xenial é dos máis pequenos , dos de Infantil.
Cada día Manolo vai decindo o que temos que traer ao día seguinte, é acumulativo.
O venres cado fomos ler o mandato atopámonos que para o luns hai que levar algo na cabeza. Xa rapido comezamos a decir todos cousas que nos poñeríamos, uns lazos, outros sombreiros, outros pinzas,e bueno algúns caladiños, dispostos a dar unha autentica sorpresa.
Este ano abandoamos as tradiccionais bolsas de plástico xa que nós estamos comprometidos na defensa do noso planeta é o plástico é un material altamente contaminante e os seus residuos moi tóxicos. Polo que recuperando a tradicción do Entroido os disfraces alonxárasen do CONSUMO e convertíremos esta festa en algo máis creativo e lúdico, tratase de vestirnos con ropas que temos na casa, ou que prestamonos uns e outros.
Nós estamos moi contentos con estas novas propostas e ademáis así non perdemos tanto tempo das nosas clases, que son tan importantes. Sen embargo sabemos que esta semana reíremos máis que dabondo e o venres será unha caña total. Xa vós contaremos.

No hay comentarios: