jueves, 19 de marzo de 2009

A Coruña




Todo estaba preparado para o día 17, o día que ibamos de excursión A Coruña, a cidade.
A miña nai fixo os bocatas que máis me gustan, eu a iba axudando a lavar a leituga, cortar o fiambre....
O día amaneceu cun ceo azul e limpo,"a primavera entraba pola porta grande" e os sorrisos lucían en tódalas caras.
Xuntámonos todos na aula. Os de 5ºA e nós. Teresa repartíu os planos da cidade e fíxemos grupos de catro.

A viaxe durou unha media hora, nese tempo aproveitamos para estudar un pouco o plano. A Coruña é unha cidade que ten forma de brazo, dun lado está o Porto e doutra o mar. A Torre de Hércules a garda desde tempos moi antigos.
O autobús deixounos no parque de Santa Margarita, que está no alto da cidade e desde alí mírase tódala cidade.

Visitamos o barrio onde está o monte de Santa margarita, e tamén a casa onde naceu e vivíu Pilar, logo xogamos e merendamos para que durante o concerto as tripas non nós fíxeran ,cruá ,cruá....
Xa era a hora de ir cara o Pazo da Ópera, no camiño atopámonos cunha chelista da Sinfónica de Galicia, e fíxose unhas fotos con nós.

O Concerto gustoume moito, sobretodo a música, bueno a narración non estaba mal pero quitaballe tempo a orquesta, e que a min gustame tanto sentila música!

Ao saír baixamos hacia a rúa de Juan Florez, xa que ibamos a exposición de Fotografía de Nais e Fillas de Xosé Abad, no camino atopamos un home maior que tocaba un vello violín, e tocou para nós.....



Na exposición flipei coas fotos , eran en tamaño real e parecía que estabas falando coas mulleres que alí estaban e as vacas daba a impresión que ían a saír da foto, os nosos profes fíxeronos pensar de novo que polo esforzo da tantas e tantas mulleres hoxe as mulleres ocupaban cada vez máis postos que antes lle eran negados.


Plano en mano e a facer rúa. O Cantones, os Xardíns de Mendez Nuñez,o Porto, a Marina e as galerias acristaladas, a Praza de María Pita, a Rúa Real ,a Rúa de San Andrés , O Orzán e o Mar.....(a praia do Orzán e Riazor).
Foi un día super bonito e teño moita ganas da seguinte, na que visitaremos a cidade vella.





No hay comentarios: