martes, 10 de marzo de 2009

Exposición fotográfica."Nais e fillas".Xosé Abad

Esta exposición é o testimonio de un grupo de mulleres:Nais e fillas.Cada unha conta un pouco as súas vivenzas como mulleres.
O día 17 visitaremos esta exposición que está na Fundación da Caixa na Coruña, onde tamén hai un audiovisual delas.
Dende o noso blog facemos unha pequena aproximación a exposición que visitaremos e que trataremos de ampliar cos testimonios das mulleres da nosa familia: avoas , nais e fillas.



MªJesús 32 anos. Bombeira. Parque de bombeiros de Carballo.
“Miña nai sufriu o seu porque ela empezou desde cero, sacrificando todo o seu tempo libre por manternos a nós e por estar aí educándonos e dando o que el aboamente nos podía dar”

Pilar 70 anos. Xubilada empresa de conservas. Empresa de Conservas Calvo en Carballo.
“Entón falabas e o que dixeras tí non valía de nada. Non sabías o que dicias, eras unha tola…O que valían eran os homes, vale máis unha mentira dun home…”

Luisa 32 anos. Xestora de Actividades Náuticas. Pantalán do Real Club Náutico de A Coruña.
“Penso que as mulleres somos un pouco máis loitadoras, de feito nos empeñamos máis, temos que conseguilo e ímolo buscar, se non é hoxe é mañá, pero creo que pouco a pouco se andará o camino, pensó que falta unha xeración para poder conseguir esa igualdade real”


MªManuela 54 anos. Mariscadora. A Berberecheira en Caldebarcos, concello de Carnota.
“Eu quería que estudara, que fora máis ca mín, que o que eu non fixera o fixera ela”


MªCarmen 56 anos. Limpiadora. Colexio Público Valle Inclán no concello de O Grove.
“O meu chan era de terrazo. Era feo pero eu encerábao polas noites, encerábao todo. Esvaravas que te matabas. Sentaba no chan, miraba para a casa brillante e entón sentíame rica”

Liliana 32 anos. Directora do Centro de Información ás mulleres do Concello de O Grove.
“Si ben as mulleres asumimos novos roles e vamos avanzando, os homes non nos seguen, van detrás. Avanzan moito máis amodo. Sí é certo que os homes da miña xeración aínda foron educados nuns valores sexistas”


Lola 33 anos. Auxiliar de clínica. Hospital Clinico de Pontevedra.
“A min interésame non depender de ninguén enconómicamente”

Irene 67 anos. Gandeira. Leira familiar en Quireza, concello de Cerdedo.
“Tiña cinco vacas, una tía enferma na cama e o rapaz pequeño. Levaba moitísimo traballo porque daquela traballábase máis, o tempo de durmir era pequeno....


No hay comentarios: