miércoles, 20 de mayo de 2009

OBRADOIROS

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil(GALIX) e El Corte Inglés Galicia, co gallo do Día das letras galegas invitounos a participar en tres obradoiros.
O primeiro de Ilustración a cargo de Rodrigo Chao.
O segundo de microrelato a cargo de Mar Guerra.
O terceiro de música e palabra a cargo de Pulpiño Viascón.

Do noso colexio fomos os dous quintos, e do Colexio de Andrade viñeron compañeiros de 5º e 6º.Foi moi interesante e aprendimos moitas cousas que xa vos iremos contando.
Asemesmo nos vindeiros días no corte Inglés poderemos visitar a exposición das tres obras gañadoras dos premios Corvos Brancos (WHITE RAVENS)2009 outorgados pola BibliotecaInternacional da xuventude de Munich,centro de referencia mundial no ámbito da literatura Infantil e xuvenil:
Fume de Antón Fortes e Joana Concejo.
O Prodixio dos zapatos de cristal de Xosé Neira Cruz e Rodrigo Chao.
A cabeza de medusa de Marilar Alexandre.
 
 
 
 
Posted by Picasa

1 comentario:

Patricia dijo...

Foi moi divertida a excursión.
Un bico.
Patricia