jueves, 21 de mayo de 2009

O sombreiro Chichiriteiro.






Na casa do avó do pequeno Simón, un día de festa apareceu dacabalo dunha avestruz o Chancho Colorao, un home robusto, moi fachendoso, vestido de traxe e botas de montar. Mais, cando Simón deulle por sorpresa unha puñada ao sombreiro do xigantón, o sombreiro non foi caer no chan, deu unha reviravolta no ar con moito xeito, saíu voando e botouse a cantar: “liroliro, liroliro”. “É o sombreiro Chichiriteiro”, berrou con alegría o avó de Simón. Mentres todos ficaban apampados, Simón foise correndo detrás de sombreiro tan especial, a correr, a correr por leiras, prados, soutos e camiños. Así arrinca O sombreiro Chichiriteiro, o primeiro conto de Manuel Rivas para lectores miúdos, ilustrado pola xenial Patricia Castelao. Unha historia de amizade dun sombreiro moi especial, o Chichiriteiro, e dun neno valente chamado Simón, que viaxarán xuntos ao corazón do mundo.



Sara.

3 comentarios:

Elia dijo...

Gracias por visitar mi blog, os deseo buen camino en el vuestro y en estas fechas finales de curso, muchos ánimos y buenos días de exámenes que salga todo estupendamente!!
eljardindemiduende

Patricia dijo...

Hola,soy patri y este es mi blogger:
http://animales-patricia.blogspot.com/

Laura dijo...

Olaaaaaa ago un concurso de relatos pasaos por mi blog y mirar