viernes, 1 de mayo de 2009

Os maios.




O xoves despois do recreo fixemos a festa dos maios. Desfilamos polos corredoidos do colexio ata as 13:30 horas.
O noso que era o de terceiro ciclo quedou moi bonito, xa que coa colaboración de todos...
Ao día seguinte fumos pola tarde ó colexio para presentar 3 maios que fixeramos nós no cuncurso do pobo.
da nosa clase estivemos 5 ou 6 xa que os demáis non poideron asistir.
Despois de moitas actuacións ante o público e moitos nervios, a presentadora dixo os nomes dos elixidos.
De cuarto quedou o de " Orballo".
De terceiro o "MaioEume" o noso. Que guay!!!
De segundo o " Maio do Olmo 2".
E de primeiro..... " Maio Entra de Crego". Quedamos de primeiros!!!!! e de terceiros...
Que ledicia tiñamos, saltamos e bailamos un bo cacho.
Non saíamos do noso asomo.
Para o ano volvemos.

Sara.

No hay comentarios: