viernes, 19 de junio de 2009

Festival fin de curso

Representamos a obra" do sombreiro chichiriteiro" que como xa vós contáramos é unha adaptación dun conto de M.Rivas que entre todos nós e os nosos profes:Roberto e Pilar adaptámolo a teatro.
Antonio pasouno fatal xa que as súas roupas dabánlle moitísimo calor e ademáis a función comezou máis tarde do previsto pois fallou a organización de entrada de novo despois do recreo co que o pobre case se nos axfixia. Dende o noso blog queremos darlle as felicitacións porque soupo aguantar con moita valentía.
Os profes felicitáronos e ademáis estaban moi orgullosos de nós porque soupemos actuar con moitísima naturalidade cando caeuse parte do escenario (un dos paneles)e seguimos adiante sen perder a compostura.
"A mensaxe da obra é clara, hai moita xente que abusa do poder pero ten o maxín baleiro, somete aos demais só pola forza xa seña física,política...intenta someter usando o medo, intenta calar a voz dos demáis. Este é o Chancho Colorao.
O sombreiro é o que todos podemos ser se queremos, é a forza positiva e de autoestima, e o sentimento de amor hacia as cousas que levan unha música de verdad e ledicia. Porque o único importante está no corazón, non vós olvidedes nunca diso."

Despois moitos nervios ¡que desastre! un mes preparando o noso playback e nada,olvidásenos a música, ó final apareceu a avoa de Laura e pechamos o festival.
Pilar emocionouse vendonos pois mirara unha vez un medio ensaio e non esperaba semellante traballo. Deunos todolos parabens e bicos.



4 comentarios:

RAIOTECA. Biblioteca CEIP Andrade. dijo...

Xa chegamos ao final de curso.
Que rápido se nos pasou!!!
Agora a desfrutar dunhas merecidas vacacións. Parabéns por esa obra de teatro, que a pesar dos atrancos, soubéchedes representar con gran maestría.
Aínda que imos de vacacións seguimos en contacto na rede. Ata pronto.
RAIOTECA.

sofia dijo...

Xa chegou o final do curso e esa obra de teatro foi moi boa para representar. Un biquiño.

sara dijo...

Foi fantástico!!!

Moitos bicoss

Sara

Ana dijo...

Moitas felicidades a SuperQuintoB pola súa actuación no festival, estivo estupenda!!
Pasade un bo verán, cargade as pilas e vémonos o próximo curso!!
Moitos bicos!!