martes, 6 de octubre de 2009

Mar


Cando eu escribo esa palabra,
Rosa,
Unha flor de verdade
Nesta páxina abrolla.


Cando eu escribo esa palabra,
Merlo,
Un paxariño negro alza o seu voo,
Desde a póla dun verso.


Cando eu escribo esa palabra,
Nube,
Desde a miña ventá contemplo o ceo
Soamente por costume.


Cando escribo esa palabra,
Libro,
Un refacho invisible pasa as follas,
Eu fico pensativo.


Escribo rosa, merlo, nube, libro...


Mais cando escribo esa palabra,
Mar,
Son moi pouquiña cousa,
Nada chego a alcanzar.


Ramiro Fonte.


Sara

2 comentarios:

brancalúa dijo...

Que recordos...buscarei as fotos e as películas que teño deste día...que alegría ver cousas publicadas...Vós boto de menos...
Biquiños

quintob dijo...

E cando sinto MAR, ROSA...cada unha das vosas caras me sonríe...nos xardíns , coma sempre, todos xuntiños facendo a nosa homenaxe a Ramiro Fonte.
Biquiños miles
Pilar