martes, 6 de octubre de 2009

Ramiro Fonte




Dende o noso colexio estase a facer unha pequena homenaxe ó poeta eumés Ramiro Fonte con motivo de seu primeiro cabodano do seu falecemento.

Aquí tedes unha pouca información sobre el.

Ramiro Fonte Crespo, nado en Pontedeume en 1957 e finado en Barcelona o 11 de outubro de 2008, foi un escritor galego.

Licenciado en Filosofía e Letras e profesor de Lingua e Literatura Galegas, foi poeta, narrador, ensaísta, crítico e estudoso da literatura galega. Foi un dos fundadores do colectivo poético Cravo Fondo (1977). Como narrador deuse a coñecer en 1986 co relato "O retornado", Premio Pedrón de Ouro.
Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Nos últimos anos da súa vida foi director do centro do Instituto Cervantes en Lisboa.
Sara

No hay comentarios: