O xoves, día 11, visitáronnos o colexio e orgaizado polo departamento de cultura do Concello ,un grupo de música ,de nome "Camino de las estrellas". Mostraronnos os instrumentos de corda fretada:O violín, o violonchelo, e o contrabaixo.Faltaba a viola, que é tamén un instrumento de corda fretada, un pouco máis grande que o violín e máis pequeno que o violonchelo. Tocáronnos músicas de Beethoven, Vivaldi, Mozart....e tamén de bandas sonoras de películas moi coñecidas, como a do Señor dos Anels o a da Guerra das Galaxias e nós tiñamos que adivinalas. Subiron a tocar algúns nenos que coñecian o instrumento. Do noso curso subíu Sara a tocalo violín, e o fixo moi ben. O concerto acabou cunha panxoliña de nadal. De propina e a petición de Camilo tocáronnos "Galicia Calidade" de Lúar na Lubre. A verdade que dende aquí queremos dar as gracias as persoas o entidades que orgaizan este tipo de actos porque está moi ben poder ter concertos, teatro....no noso colexio.
Ola : Somos de 5ºB do Couceiro Freijomil. Este é o noso Blog dende o que queremos facervos chegar as cousas que facemos e tamén recibir as vosas opinions.
No hay comentarios:
Publicar un comentario