jueves, 18 de diciembre de 2008

Festival de nadal

Hoxe celebramos o festival de Nadal, tódolos grupos participaron con panxoliñas, bailes, recitativos....
Nós representamos a través do movemento a música que Vivaldi compuso sobre o Inverno, a traves dun conto inventando.
Houbo problemas técnicos de grabación ,polo que intentaremos facer a película para o noso blog a volta.
Agora toca fin do trimestre e do ano e pensamos pasar unhas super vacacións de Nadal . Paz e ledicia para tod@s.

Os exámenes do Nadal

martes, 16 de diciembre de 2008

Lalo e Lola


Acabamos o trimestre como campeones , xa só quedanos a representación sobre o inverno que estamos a preparar con Roberto e Pilar, e a pasalo ben coas nosas familias e amigos.
Mentres nós ,gardaremos a clase para comezar un novo ano, confiemos que sen ruídos, onde nos esperan novas aventuras a preparar e vivir.

viernes, 12 de diciembre de 2008

O Belén de todos

O Belén está quedando precioso, cada día facemos moitos piropos as cousas dos outros cursos. Os reis,os camelos,as casas,os animais, o río e a ponte, pastores ,as estrelas,as plantas etc...Cada curso encargouse dunha cousa e entre tod@s o estamos a facer.

Concerto de cuarteto de cuerda




O xoves, día 11, visitáronnos o colexio e orgaizado polo departamento de cultura do Concello ,un grupo de música ,de nome "Camino de las estrellas".
Mostraronnos os instrumentos de corda fretada:O violín, o violonchelo, e o contrabaixo.Faltaba a viola, que é tamén un instrumento de corda fretada, un pouco máis grande que o violín e máis pequeno que o violonchelo.
Tocáronnos músicas de Beethoven, Vivaldi, Mozart....e tamén de bandas sonoras de películas moi coñecidas, como a do Señor dos Anels o a da Guerra das Galaxias e nós tiñamos que adivinalas.
Subiron a tocar algúns nenos que coñecian o instrumento. Do noso curso subíu Sara a tocalo violín, e o fixo moi ben.
O concerto acabou cunha panxoliña de nadal.
De propina e a petición de Camilo tocáronnos "Galicia Calidade" de Lúar na Lubre.
A verdade que dende aquí queremos dar as gracias as persoas o entidades que orgaizan este tipo de actos porque está moi ben poder ter concertos, teatro....no noso colexio.

lunes, 8 de diciembre de 2008

Coas músicas do mundo traballamos mellor.

O inverno

"Co ceo nubrado e o mar enfadado, xa todo se viste de cores máis tristes.
Xeadas e neve e o sol é máis feble. Chuvia nos tellados e paxaros calados.
E con tanto frío, na escola quentiños, ¡Contaremos contos en soños envoltos!"


Prepararando figuras para o Belén que estase a facer entre todos. Nós facemos diferentes oficios: carpinteiros, ferreiros, leñadores, lavandeiras ......A verdade que pasámolo moi ben.


BubbleShare: Share photos - Easy Photo Sharing

A nosa profe de inglés


Ola, hoxe vós presentamos a nosa profe de inglés, chamase Puri e non nós deixa falar nada máis que inglés. A nosa profe é guai. Como ben vedes Sara colouse na foto, bueno a deixamos estar alí connosco. Ela fai francés e gustalle moito. O seu profe de francés chamase José Luis

martes, 2 de diciembre de 2008

A nosa historia de medo

Aquela mañá foramos ao cine, a ver a película Magorium. Cando chegamos ao colexio decatámonos de que estaba baleiro, non había ninguén. o primeiro que pensamos foi que tiñamos mal o reloxo e que se foran todos para casa aínda que era estraño que o conserxe non quedase para esperarnos.
Estrañados decidimos subir a clase para coller as nosas mochilas e cando fomos abrir a porta atopamos as paredes cheas de arañas xigantes repletas de formigas. Corremos cara abaixo , cheos de pánico.
Ao intentar saír as portas estaban hermeticamente pechadas, fomos cara as ventás e era imposible abrilas, o teléfono non funcionaba e por fóra non pasaba ninguén.
O reloxo da sala de profesores marcaba as 12:30.
Desconcertados e mortos de medo, aprovisionámonos de todo o que atopamos para defendernos. Vasoiras, martelos, paus de fregonas.
O primeiro que intentamos foi romper os cristais .Imposible.
Tiñamos que intentar probar no piso de arriba, a porta do pasadizo externo que dabá as obras. Habería que enfrontarse ás arañas e formigas.
Fomos subindo as escaleiras presos do pánico e mentres uns loitaban con aquel exercito de animais outros correron a comprobar se a porta estaba aberta.
-Correde,correde! Berrou Steven.
- A porta está aberta, estamos salvados.
Corremos cara a porta liberándonos das arañas e formigas e cando xa estabamos fóra un forte vento en forma de tornado arrastrounos, tragándonos cara o fondo da terra.
Caemos nun lugar escuro e cheo de ruídos estraños.
Xurxo lembrou que tiña unha lanterna na súa mochila e non dubidou en sacala.
Horror! Estabamos nun gran cemiterio. Os morcegos voaban por riba das nosas cabezas. As ratas corrían entre os nosos pés e das tumbas saían voces de terror.
De súpeto comezamos a ver como saían esqueletos que se dirixían cara nós...corremos e corremos...e eles, que cada vez eran máis, perseguíannos exclamando voces e nunca mellor dito, eran voces de ultratumba.
Hanna berrou:
-Imos cara alá, vexo como unha luz e ao mellor dalles medo.
Fomos todos cara a luz...e deixaron de perseguirnos, a luz lles daba terror.
Non somos capaces de lembrar ben o que ocurreu pero de súpeto nos vimos enriba dun pratiño voante que nos sacou de alí e aparecemos de novo no colexio, xusto no momento que soaba a serea e os nosos compañeiros saían como sempre das súas clases, todo parecía normal. E este foi o noso primeiro e gran segredo.

Alternativa


Nós estamos este ano con Teresa en Alternativa, mentres o resto dos compañeiros/as están con Ana en relixión.
¡ Que guapiños saímos !

lunes, 1 de diciembre de 2008

Homenaxe a Curros Enríquez

No colexio estamos a celebrar o centenario da morte de Curros Enríquez. Cada día e nada máis entrar lemos un poema do poeta. Nós na clase tamén buscamos información sobre a súa vida e o seu amor pola nosa lingua.Antonio trouxo o libro de poemas " Airiños da miña terra e outros poemas" que estamos a ler na clase.

O poema que tocounos ler en púbrico foi o que Curros dedicou a chegada a Ourense da primeira locomotora e di así:

Velaí ven, velaí ven avantando
comaros e corgas,e vales, e cerros.
¡Vinde vela,mociños e mozas!
¡Saludaina, rapaces e vellos!

Por onde ela pasa
fecunda os terreos,
espértanse os homes,
frolecen os eidos.

Velaí ven, velaí ven tan ocupada,
tan milagrosiña, con paso tan meigo,
que parece unha Nosa Señora,
unha Nosa señora de ferro.

Tras dela non veñen
abades nin cregos;
mais vén a fartura
¡i a luz i o progreso!


Aconsellamos visitar o enlace da fundación de Curros Enríquez.

martes, 25 de noviembre de 2008

25 de Novembro. Día universal contra a violencia de xénero


Hoxe cada un de nós expuso a súa maneira o que sinte sobre este tema.

Carme fixo un bonito debuxo que decía así:" A Intelixencia crea, a violencia destrúe, Se intelixente. ¡¡¡Non te atrevas !! ¡¡ Non te creas superior!!!."

Carlos fixo unha enquisa e preguntoulle a súa nai e seu pai.
-¿Qué che parece que os homes maltraten as mulleres?
Nai:-Me parece moi mal e inhumano.
Pai:- Mal, debería estar máis castigado pola lei.
-¿ Qué entendes por violencia de xénero?.
Nai:- Cando se maltrata a unha persoa física ou psicolóxicamente.
Pai:- Cando se insulta ou pega a unha persoa.
-¿Qué solución existe para este problema?
Nai:-Cadena perpetua.
Pai:-Subir a pena de carcere.

Sara escribía: "Os homes e mulleres teñen os mesmos dereitos, e as mesmas obrigacións,polo tanto ninguén ten dereito a maltratar as mulleres e moito menos a rematar coa súa vida....

María: "Estamos no século XXI, algúns homes as mulleres queren pegar e incluso matar. Eu digo por favor non maltratar, necesitamos unha solución, coa violencia de xénero queremos rematar e por iso todo o mundo ten que colaborar."

Ainhoa:"-Para a violencia de xénero non aturar as mulleres temos que protestar, temos que unirnos e decir Nunca Máis."

Sergio Ríos:-"O maltratador é malo. Non se debe pegar.Hai que bailar ,bailar de felicidad."

Cesar:"-Nós, os nenos e nenas non queremos que os nosos pais berren ou discutan.Só.
debese falar con respeto. Na tele hai un anuncio que di:"A semente do maltrato xermina moi rápido, non debemos deixar que medre".

Antonio:"-Os creedes moi fortes, vos pensades que mandades nas mulleres e nenos. ¡Non son xoguetes! son seres vivos, son persoas. Cambiade xa dunha vez, non sodes quen de maltratar, cambiade xa.¡Xa estamos fartos! Cambiade xa dunha vez.

lunes, 24 de noviembre de 2008

Na clase de galego

Fíxemos unha enquisa entre familiares, veciños, amigos...respecto ao uso e consideración das dúas linguas: o galego e o castelán.


As preguntas foron as seguintes:
1-¿Qué lingua fala vostede con máis frecuencia?
2-¿Qué lingua fala vostede cos seus fillos e fillas,se os ten?
3-¿Qué lingua se debería usar maioritariamente na escola?
4-¿Qué lingua se debería usar nos medios de comunicación as máis das veces?xornal,radio e televisión.

-Respecto a primeira pregunta 122 persoas contestaron que falan as dúas linguas, 114 que falan so castelán e 73 que falan so galego.
-Na segunda pregunta 135 contesta que castelán, 52 galego e 39 nas dúas.
-Na terceira pregunta 148 contestan as dúas, 60 galego e 55 castelán.
-Na cuarta contestan : No xornal, 147 as dúas, 71 galego, 45 castelán.
Na radio, 139 as dúas, 70 galego, 54 castelán.
Na T.V, 166 as dúas, 50 en galego,30 castelán.

A primeira reflexión que desprendese e que a xente fala as dúas línguas.E despois falan máis o castelán.
A segunda moitos pais galego falante aos fillos falanlles en castelán.

O Inverno



O Inverno xa se acerca
sopra o vento e fai máis frío,
os días máis escuros
e cun pouco de sorte teremos neve
¡Seguro!
E mentres imos a esperalo con boa música e moitos contos
eso si na casiña o no cole ben quentiños, ben quentiños.

domingo, 23 de noviembre de 2008

25 de Novembro


O 25 de Novembro foi declarado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas como o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres co obxectivo de implicar aos gobernos , organizacións e cidadans na sensibilización do grave problema que constitúe esta violencia.

jueves, 20 de noviembre de 2008

Poemas

Papá, mamá
sus primeras palabras son
¡ Son niños!

Reyes de la diversión
ellos son
¡Son niños!

Explotación
muertos por
minas y armas
¡ Son niños!

Sergio Díaz


O que vexo é o que miro
nenos e nenas morrendo
porque non teñen alimentos
nenos e nenas sufrindo
porque tampouco
teñen medicamentos.

O que vexo é o que miro
nenos e nenas
víctimas de tantas e tantas guerras.
sos e desamparados
violados e explotados.

O que vexo é o que miro
tantos nenos con problemas
fóra e dentro das nosas fronteiras
e pido :
SOLIDARIDADE
XUSTIZA
COMPRENSIÓN.

Colectivo superquintob

sábado, 15 de noviembre de 2008

Os dereitos dos nenos e nenas no mundo enteiro


En 1956, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas recomendou que se instituíse en todos os países un Día Universal da Infancia, que se consagraría á fraternidade e á comprensión entre os nenos e as nenas do mundo enteiro e se destinaría a actividades propias para promover o benestar dos nenos e nenas do mundo.
O 20 de novembro conmemórase a data en que a Asemblea Xeral aprobou a Declaración sobre os Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Por iso, o 20 de novembro pasou a ser o Día Universal dos Nenos e as Nenas.
Fai xa 18 anos que aprobouse a Convención dos dereitos dos nenos, aprobada por tódolos paises do mundo a excepción de Somalia e Estados Unidos.
Esta Convención é o instrumento de dereitos humanos máis amplamente apoiada en toda a historia da humanidade.
A pesar deste feito, sabemos que desgraciadamente se seguen violando diariamente os dereitos de millóns de nenos e nenas en tódolos países do mundo. E polo que temos todos, institucións públicas e privadas, e a sociedade no seu conxunto que exisir aos gobernos para que dita Convención convírtase nunha realidade no beneficio dos nenos e nenas do mundo.

http://www.rayuela.org/ Dende este enlace poderás acceder os dereitos dos nenos e nenas .


O libro viaxeiro




Este ano fíxemos un libro que cada día foi polas casas recollendo cantigas, receitas, refráns,debuxos, adiviñas... sobre a castaña, que nos contaron familiares , amigos, veciños etc... No soio nós, senon que todos, dende os máis pequenos ata os máis grandes , levamos o libro viaxeiro as nosas casas.
Logo con todos eles faremos un gran libro que podrá ser visto na nosa biblioteca do centro.

O Magosto





O venres celebramos a festa da castaña no noso colexio.
O día estaba precioso, facía sol e o ceo estaba totalmente azul .

Primeiro os mestres prepararon as brasas para poder asalas castañas, despois baixamos tod@s a comelas ,que por certo , estaban boísimas.

Xogamos, cantamos e bailamos.

Ó final acabamos coas caras todas tiznadas coa cinza que quedaba das brasas.

A verdade que pasámolo moi ben.


Con todo tempo que ten pasado esta festa garda moitos dos rituais dos antigos poboadores nosos, os celtas. Por iso é tan importante de mantelas tradiccións e ademáis pasase moi ben.

martes, 11 de noviembre de 2008

O día do peón
















Hoxe celebramos o día do peón .




O peón, tamén chamado trompo, buxaina, bailarete, sevillana.....é un xoguete de madeira que leva na súa punta un cravo de ferro( o ferrón) que fai que vire con xeito.


Precisase tamén dunha piola, unha corda que se amarra arredor do enredo que fará posible o baile do peón.


A parte de arriba chámase "pirucho" e a máis ancha é a barriga. Para ver quen empeza pódese botar a sorte da "raia", que consiste en lanzar o peón cara unha raia. A orde de colocación para empezar dependerá da distancia á que quede cada peón desa raia, sendo o primeiro o que estea máis próximo. Existen moitas posibilidades que se acostuman facer cos peóns; entre elas temos: "O canciño", "O ascensor", "Bailar na man","A serra".



Tivemos moita sorte co tempo e fomos tod@s a bailalo ao xardín.

lunes, 10 de noviembre de 2008

Na clase de plástica


Outro día collimos os nosos debuxos de formas e coores e os retallamos en anacos de diferentes tamaños. Algúns estaban sorprendidos pero axiña comezamos a crear aos personaxes LALO e LOLA, que estamos xa a piques de rematar.

domingo, 9 de noviembre de 2008

O ourizo


Co seu ouro vello, mol,

o ourizo ouriceiro

toma o sol

no pico dun castiñeiro.



Tal un señor moi mandón:

o ourizón,

no pico dun castiñeiro

tomando o sol moi riseiro.


O ourizo está moi ledo

coa súa casa ben pechada

-¡ouh, qué medo!-

de espiñas toda cercada.


Quér botar unha risada

i os seus dentes arregaña

case un nada:

¡e xa fuxio a castaña...! (Manuel María)

jueves, 6 de noviembre de 2008

A Biblioteca





Esta mañana fomos a biblioteca por primeira vez. Todos nós utilizamos o servicio de prestamo.
O sistema está moi ben, colles un libro que queda rexistrado e deixas no lugar do libro o teu carnet de biblioteca. Foi moi relaxante estar lendo nela, cada un co seu libro nun silencio total, xa que é moi importante respetar o silencio nas bibliotecas.

martes, 4 de noviembre de 2008

Esta é a cabaza de Sara pero ó final acabamos todos traballando nela.

O SAMAÍN

A festa do Samaín era a data máis perigosa do mundo celta posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do Samaín (o chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unha velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos da celebración.
E curiosos que moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas para celebraren o día de defuntos e tódolos santos.
UN FENÓMENO CULTURAL INTERNACIONAL
Foron moitos os pobos que ó longo da historia atoparon nas cabezas do inimigos un elemento máxico de adoración e veneración, facéndose a carón seu rituais e costumes que aínda hoxe se atopan en pobos cun nivel de civilización semellante o que podían ter os Celtas cando chegaron a Galicia.
É sen dúbida a festa de Hallowen o fenómeno cultural máis intimamente vencellado á nosa tradición do tallado de caveiras. O mundo británico con raíces celtas semellantes ás galegas soubo manter e espallar polo planeta adiante esta tradición convertíndoa nun clásico moderno para a diversión do mundo infantil.
No Hallowen, recoñecido como festa ou data de meigas e bruxas, os nenos tallan así mesmo caveiras nas cortizas dos melóns e argallan disfraces onde o motivo recorrente son a morte, as meigas e o Outromundo. Festa que aínda hoxe segue a celebrarse o 1 de Novembro coma testemuño da memoria milenaria a un legado histórico impresionante.
Non se trata pois de comparar o Samaín coma unha copia do Hallowen, nin viceversa. As dúas celebracións son vestixios similares que arrancan das máis fondas raíces culturais e antropolóxicas que noutro tempo coincidían no pobo galego e no británico.
¿QUE É UNHA CABACEIRA?
A cabaceira é unha planta de follas moles e amplas, cunhas flores comestibles de cor laranxa. O seu froito acada un grande tamaño e posúe unha cortiza dura que garda unha carne polposa na que se sosteñen ducias de sementes chamadas pebidas.
Soe plantarse a primeiros de verán no medio do maínzo porque aproveita as súas canas para prender os seus sarmentos. Necesita terreos húmidos e un tempo quente, soporta ben as terras ácidas por iso se da en Galicia.
Existe unha grande diversidade de especies de cabaceiras (todas da familia das Cucurbitáceas), por exemplo a cabaza pasteleira, a cabaza de Senegal, a cabaza de San Pedro, a cabaza de California, a cabaza da India, etc. En Galicia seméntanse varias especies de cabaceiras sendo a máis común e a máis extendida a Cucurbita pepo ou cabaceira común.
USOS DAS CABAZAS
Os usos desta especie son moi variados, sendo a mantenza do gando a principal de todos eles. Así mesmo en moitas zonas de Galicia aproveitase para o consumo humano, facendo doces e potaxes para o que se aproveitan as máis maduras de todas elas. Este costume culinario tamén se atopa no mundo británico. Da súa cortiza pode extraerse tamén un aceite vexetal. Así mesmo, as pebidas enxoitas e salgadas son aproveitadas para o consumo humano e tamén hoxe en día véndense en moitas tendas para o seu consumo como outros froitos secos.
¿CÓMO SE FAI UNHA CAVEIRA?
A técnica do tallado da caveira é ben sinxela. Empézase facendo unha incisión superior semellante a unha boina. Afástase este bonete, límpase por dentro axudándose dun raspador, toda a polpa e os farrapos de onde colgan as pebidas ou sementes do froito. Tendo o interior ben limpo e rebaixado fanse dous furados para os ollos, outro para o nariz e outro para a boca. Pódese rematar poñéndolle uns pauciños nos beizos a xeito de dentes e prendendo unha vela no seu inteiror co coidado de colocala convenientemente para que non caia.

jueves, 23 de octubre de 2008

Cando a realidade supera a ficción

Na clase de galego estamos lendo o libro de Roald Dalh "Matilda", cada un de nós lee un capítulo en voz alta e tamén logo fai un resumen do mesmo.
Matilda é unha nena que gustalle moitísimo leer pero ten unha gran desgracia ,os seus pais desprezan este talento.
Outro día e despois de facer a lectura do segundo capítulo , onde descubrennos que o pai de Matilda é un home de conducta deshonesta pois adicase entre outras cousas a vender coches con máis kilometraxe como si tiveran 0 Kms.
Curiosamente estes días está sair na prensa o gran fraude de varias concesionarias de coches que dedicanse a facer o mesmo que o pai de Matilda.
A Laura saíulle da alma o comentario "A REALIDADE SUPERA A FICCIÓN"

Na clase de matemáticas


Hoxe usamos por primeira vez a calculadora. Ao principio algúns andabamos liados e non nós aclarabamos pero axiña lle pillamos o truquiño e todo foi ben. Bueno só a usaremos de cando en vez. O pasamos guai. Gustounos moito.

Centro de Interpretación de Xogos tradicionais. A Capela


O venres día 10 de outubro pasamos a mañá na Capela ,facendo xogos tradiccionais como o pano, o aro, o brilé, os pelouros, as carrilanas, a goma, a porca....pasámolo moi ben e ademáis tivemos moita sorte pois facía un sol espléndido.

Xabier, o profe da Capela, explicounos que estes xogos forman parte da nosa cultura, que transmítense de xeración a xeración e que o ser humano soe xogar durante toda súa vida.

Os avós de Jorge e David estiveron connosco e tamén xogaron.

Na aula de música

lunes, 13 de octubre de 2008

Na clase de plástica


Todo comezou por un retrato de Paul Klee que vimos nun libro de Plástica. A partires del cada un comezou a facer o seu. Este é o de Carmen.
Na clase seguinte María trouxo información sobre Paul Klee e tamén un cadro onde usaba formas e coores. Todos lle collimos gusto o pintar dunha maneira máis libre e fixemos uns debuxos traballando formas e coores.

viernes, 3 de octubre de 2008

Ola

Ola a tod@s, comenzamos este o noso blog, con moita ilusión.
Nel queremos publicar as nosas cousas e poder comunicarnos con outras personas.
Esperamos facer del , un sitio de interés.