jueves, 18 de diciembre de 2008

Festival de nadal

Hoxe celebramos o festival de Nadal, tódolos grupos participaron con panxoliñas, bailes, recitativos....
Nós representamos a través do movemento a música que Vivaldi compuso sobre o Inverno, a traves dun conto inventando.
Houbo problemas técnicos de grabación ,polo que intentaremos facer a película para o noso blog a volta.
Agora toca fin do trimestre e do ano e pensamos pasar unhas super vacacións de Nadal . Paz e ledicia para tod@s.

Os exámenes do Nadal

martes, 16 de diciembre de 2008

Lalo e Lola


Acabamos o trimestre como campeones , xa só quedanos a representación sobre o inverno que estamos a preparar con Roberto e Pilar, e a pasalo ben coas nosas familias e amigos.
Mentres nós ,gardaremos a clase para comezar un novo ano, confiemos que sen ruídos, onde nos esperan novas aventuras a preparar e vivir.

viernes, 12 de diciembre de 2008

O Belén de todos

O Belén está quedando precioso, cada día facemos moitos piropos as cousas dos outros cursos. Os reis,os camelos,as casas,os animais, o río e a ponte, pastores ,as estrelas,as plantas etc...Cada curso encargouse dunha cousa e entre tod@s o estamos a facer.

Concerto de cuarteto de cuerda




O xoves, día 11, visitáronnos o colexio e orgaizado polo departamento de cultura do Concello ,un grupo de música ,de nome "Camino de las estrellas".
Mostraronnos os instrumentos de corda fretada:O violín, o violonchelo, e o contrabaixo.Faltaba a viola, que é tamén un instrumento de corda fretada, un pouco máis grande que o violín e máis pequeno que o violonchelo.
Tocáronnos músicas de Beethoven, Vivaldi, Mozart....e tamén de bandas sonoras de películas moi coñecidas, como a do Señor dos Anels o a da Guerra das Galaxias e nós tiñamos que adivinalas.
Subiron a tocar algúns nenos que coñecian o instrumento. Do noso curso subíu Sara a tocalo violín, e o fixo moi ben.
O concerto acabou cunha panxoliña de nadal.
De propina e a petición de Camilo tocáronnos "Galicia Calidade" de Lúar na Lubre.
A verdade que dende aquí queremos dar as gracias as persoas o entidades que orgaizan este tipo de actos porque está moi ben poder ter concertos, teatro....no noso colexio.

lunes, 8 de diciembre de 2008

Coas músicas do mundo traballamos mellor.

O inverno

"Co ceo nubrado e o mar enfadado, xa todo se viste de cores máis tristes.
Xeadas e neve e o sol é máis feble. Chuvia nos tellados e paxaros calados.
E con tanto frío, na escola quentiños, ¡Contaremos contos en soños envoltos!"


Prepararando figuras para o Belén que estase a facer entre todos. Nós facemos diferentes oficios: carpinteiros, ferreiros, leñadores, lavandeiras ......A verdade que pasámolo moi ben.


BubbleShare: Share photos - Easy Photo Sharing

A nosa profe de inglés


Ola, hoxe vós presentamos a nosa profe de inglés, chamase Puri e non nós deixa falar nada máis que inglés. A nosa profe é guai. Como ben vedes Sara colouse na foto, bueno a deixamos estar alí connosco. Ela fai francés e gustalle moito. O seu profe de francés chamase José Luis

martes, 2 de diciembre de 2008

A nosa historia de medo

Aquela mañá foramos ao cine, a ver a película Magorium. Cando chegamos ao colexio decatámonos de que estaba baleiro, non había ninguén. o primeiro que pensamos foi que tiñamos mal o reloxo e que se foran todos para casa aínda que era estraño que o conserxe non quedase para esperarnos.
Estrañados decidimos subir a clase para coller as nosas mochilas e cando fomos abrir a porta atopamos as paredes cheas de arañas xigantes repletas de formigas. Corremos cara abaixo , cheos de pánico.
Ao intentar saír as portas estaban hermeticamente pechadas, fomos cara as ventás e era imposible abrilas, o teléfono non funcionaba e por fóra non pasaba ninguén.
O reloxo da sala de profesores marcaba as 12:30.
Desconcertados e mortos de medo, aprovisionámonos de todo o que atopamos para defendernos. Vasoiras, martelos, paus de fregonas.
O primeiro que intentamos foi romper os cristais .Imposible.
Tiñamos que intentar probar no piso de arriba, a porta do pasadizo externo que dabá as obras. Habería que enfrontarse ás arañas e formigas.
Fomos subindo as escaleiras presos do pánico e mentres uns loitaban con aquel exercito de animais outros correron a comprobar se a porta estaba aberta.
-Correde,correde! Berrou Steven.
- A porta está aberta, estamos salvados.
Corremos cara a porta liberándonos das arañas e formigas e cando xa estabamos fóra un forte vento en forma de tornado arrastrounos, tragándonos cara o fondo da terra.
Caemos nun lugar escuro e cheo de ruídos estraños.
Xurxo lembrou que tiña unha lanterna na súa mochila e non dubidou en sacala.
Horror! Estabamos nun gran cemiterio. Os morcegos voaban por riba das nosas cabezas. As ratas corrían entre os nosos pés e das tumbas saían voces de terror.
De súpeto comezamos a ver como saían esqueletos que se dirixían cara nós...corremos e corremos...e eles, que cada vez eran máis, perseguíannos exclamando voces e nunca mellor dito, eran voces de ultratumba.
Hanna berrou:
-Imos cara alá, vexo como unha luz e ao mellor dalles medo.
Fomos todos cara a luz...e deixaron de perseguirnos, a luz lles daba terror.
Non somos capaces de lembrar ben o que ocurreu pero de súpeto nos vimos enriba dun pratiño voante que nos sacou de alí e aparecemos de novo no colexio, xusto no momento que soaba a serea e os nosos compañeiros saían como sempre das súas clases, todo parecía normal. E este foi o noso primeiro e gran segredo.

Alternativa


Nós estamos este ano con Teresa en Alternativa, mentres o resto dos compañeiros/as están con Ana en relixión.
¡ Que guapiños saímos !

lunes, 1 de diciembre de 2008

Homenaxe a Curros Enríquez

No colexio estamos a celebrar o centenario da morte de Curros Enríquez. Cada día e nada máis entrar lemos un poema do poeta. Nós na clase tamén buscamos información sobre a súa vida e o seu amor pola nosa lingua.Antonio trouxo o libro de poemas " Airiños da miña terra e outros poemas" que estamos a ler na clase.

O poema que tocounos ler en púbrico foi o que Curros dedicou a chegada a Ourense da primeira locomotora e di así:

Velaí ven, velaí ven avantando
comaros e corgas,e vales, e cerros.
¡Vinde vela,mociños e mozas!
¡Saludaina, rapaces e vellos!

Por onde ela pasa
fecunda os terreos,
espértanse os homes,
frolecen os eidos.

Velaí ven, velaí ven tan ocupada,
tan milagrosiña, con paso tan meigo,
que parece unha Nosa Señora,
unha Nosa señora de ferro.

Tras dela non veñen
abades nin cregos;
mais vén a fartura
¡i a luz i o progreso!


Aconsellamos visitar o enlace da fundación de Curros Enríquez.