jueves, 29 de enero de 2009

miércoles, 28 de enero de 2009

Color esperanza

A paz

O día 30 celebramos o día internacional pola Paz, no noso colexio sempre facemos un acto para remarcar así unha vez máis a importancia de loitar por ela , sempre e en todo momento, nós pensamos que a úneca batalla que realmente merece a pena.
Ese día como acostumamos facer nos últimos anos botamos pombas menxaseiras e recitamos todos xuntos uns pequenos pareados elexidos de entre tódolos curso, este ano as nosas voces van decir:
¡ESCOITAME RAPAZ
LOITEMOS POLA PAZ!
A PAZ HAI QUE CREALA
E TAMÉN COIDALA
SE NO MUNDO QUERES CONSEGUIR A PAZ
POLO MIÚDO TERÁS QUE EMPEZAR
NON QUERO PELEXAR
DAME A MAN, IMOS XOGAR
QUERO SER O TEU AMIGO
QUERO XOGAR SEMPRE CONTIGO
¡ESCOITAME RAPAZ
LOITEMOS POLA PAZ!

¡Por fin!

Cando empezamos o curso e nos presentamos todos, ilusionados por ser o primeiro día de clase, puxéronnos unha película na biblioteca. Antes do recreo mandáronnos subir a aula e coller a merenda. Carlos e María que estaban sentados no lado da ventá dixeron:
-Algo raro pasa, móvese a miña cadeira.
-A miña tamén, dixo Carlos.
-Vide todos, o chan movese, gritou Xurso.
-Correde, abride as persianas.
Todos corrimos e cando abrimos as persianas, encontramonos uns camións,apisonadoras,grúas......
- Non isto non por favor, dixo Sergio Ríos.
-Non pode ser, isto é unha broma, dixo Carme.
-Creo que non, dixo Laura, é moi serio.
-Creo que o millor é avisar a Roberto e a Pilar, dixo Serxio Díaz.
Os nenos foron avisar a Pilar a música e as nenas a Roberto a Educación Física. Eles xa sabían do gran desastre que había alí fóra.
Pasaron meses e o ruído aumentaba, xa non podiamos aguantar. Entón Antonio dixo:
-Hai que facerlle unha proposta a directora.
-E unha delas pode ser que Natalia compre uns tapóns-interrumpíu César.
-Está ben, dixo Ainhoa.
Botámonos todos a rir , parecianos moi ben o dos tapóns.
E así foi pasando o tempo. Cando o ruído era insoportable poñiamos música clásica ben alta, as veces buscabamos sitio no comedor senon había ninguén aínda que tiñamos que traballar no chan.
Era xa cerca das vacacións de Nadal cando parecía que o ruído comezaba a disminuir, non era que non houbese pero facíase máis soportable. Estabamos moi ilusionados co festival para o que preparamos un movemento coa música que Vivaldi compuso chamada Inverno, que forma parte das catro estacións. O festival foi un éxito. E todos os nenos e nenas do colexio disfrutamos un montón.O último día deronnos as notas, todos estabamos moi contentos cos resultados e nós fomos moi contentos para as nosas casas.
Xa de volta, o primeiro día ao entrar na clase tivemos unha gran alegría ¡Por fin non había ruído! e todos xuntos dixemos a unha ¡Por fin non hai ruído!
Agora traballamos moito máis a gusto e confiamos seguir asi ata final de curso e aprender moito, moitísimo.

lunes, 26 de enero de 2009

A tormenta perfecta


Menudo nome que puséronlle, perfecta para deixarnos sen luz, en Pontedeume ata o sábado o mediodía, e pola zona de Perbes, Campolongo....aínda hoxe estamos sen luz, auga....
O venres pasado non asistimos á clase, pola ameaza do temporal, como avisaron tarde, o teléfono non parou de soar, aínda así houbo problemas porque algunhas familias non se enteraron do aviso e mandaron aos seus fillos ao colexio.
Pola mañá do venres non foi tanta cousa , pero as 9 da noite o vento sopraba con tanta forza que daba en verdade medo. Quedamos sen luz, auga, teléfono...e o triste e que aínda moita xente segue sen luz, nin auga.
Houbo moitas desgrazas, moitas árbores arrincadas de raíz,tellados levantados.....pero a peor foi a morte dalgunhas persoas e dos nenos de San Boi.
Dende aquí mandamoslle o noso máis sinceiro pesame pola súa desgraza.

Ana, a nosa profe de Relixión.


Bueno, a verdade que estes días de inverno imos un pouco desbordados e o noso blog o temos certamente descuidado. Ben esta é Ana, a nosa profe de Relixión, é ben guapiña, ata agora non tivemos oportunidade de fotográfiala, pero agora ahí a tedes con todos nós.

viernes, 16 de enero de 2009

O MAR

Tí nunca viches o mar
cos seus berros bruadores,
coas súas escumas de prata,
cos barcos e os pescadores.

-¿ Tí nunca viches o mar
a tecer e destecer
ondas azues que van
á praia mansa morrer?

-¿E ti non sabes que o mar
é unha inmensa longura,
auga e ceo, ceo e auga,
maxestade e fermosura?

-¿Tí nunca viches o mar?
¿E sabes que non repousa?
-¡Se nunca viches o mar
non viches ningunha cousa!

"Os soños na gaiola" Manuel María

Na aula de informática




Os mércores estamos desexando que chegue a hora de ir a informática, xa estamos listos cando ven Pilar, que é a que nos leva, a ela lle facemos moita gracia, e sempre dinos: - ¡Da gusto ver o disciplinados que sodes os mércores a unha menos dez!
Traballamos de dous en dous, como podese ver nas fotos, e facemos normalmente xogos matemáticos xa que é unha clase máis de esta asignatura ata febreiro, despois lle dedicaremos esta hora de informática a lingua galega. A nós gustanos moitísimo e aprendemos moito.

miércoles, 14 de enero de 2009

Poema " A Paz"

Queremos paz
é tanto pedir?
Necesitámola de verdade
se mellor queremos vivir.

Só hai que facer unha cousa
cos demais levarnos ben,
eu non o comprendo
tan difícil é?

Eu propoño unha cousa
collernos todos das mans
e gritar:

PAZ!
María Fernández Gómez

Superquintob viaxa

Día 12 de Decembro os nenos de superquintob van de viaxe. Van a Madrid. Queren visitar o Museo do Prado, a Porta do Sol...
Saen ás 8 da mañá, todos moi contentos porque é o soño deles.
Van ir pola autopista primeiro A Coruña e logo para Madrid. Pero durante a viaxe van pasar cousas sorprendentes que os nenos nunca olvidarán. O primeiro foi cando xa estaban saíndo de Galicia e, a policía os parou. Preguntáronlle ao condutor se levaba os papeis en regra e se o autobús pasara a ITV.
Como todo estaba en regra a policía mandoulles seguir, e moi contentos porque non pasara nada, comezaron a cantar, esa nova canción de Nena Daconte titulada: "Tiña tanto". Cando acabaron a profesora de música díxolles que cantaban moi ben e que cantaran outra.
Así sucesivamente...Estiveron cantando todo o traxecto de León ata Valladolid. Cando xa se cansaron e non lles quedaban forzas durmiron un pouco.
Entón berrou Roberto(o noso titor): ¡¡¡¡¡¡¡¡Xa chegamos!!!!!!!!
Os nenos deron un berro de alegría e satisfación porque despois de tanta viaxe xa chegaran.
Pararon na mesma Porta do Sol e dixeron: -Dende aquí retransmítense as campadas- dixo María. Pilar dixo: -Vamos ao Museo do Prado-
Alí os nenos quedaron aluciñados porque había cuadros en tamaño real,era fantástico.
Logo foron ao Palacio Real. E estaba alí o mesmo rei de España, lle dou un bico a tódolos nenos e estes se foron porque tiñan máis cousas que visitar.
Foron ao estadio Santiago Bernabéu donde os fubolistas entrenaban. Tras un longo día de viaxes e visitas alquilaron un hotel e foron a descansar ás habitacións. Ao día seguinte,achegáronse ata o zoo de Madrid.
Despois de visitar moitos sitios de Madrid,puxeron rumbo á súa casa...
Pero...algo lles deixou pasmados
¡O autobús non estaba!
Os nenos foron a tódalas estacións posibles cercanas. Pero non encontraron ningún autobús cara ao pobo dos nenos (Pontedeume)
Os profesores chamaron aos pais dos nenos e, tiveron que mandar moito diñeiro para que ao rematar volveran en avión.
Os pais mandaron a cada neno o diñeiro necesario e colleron os billetes cara Pontedeume.
Pero o que superquintob non se iba crer era que o aeroporto de Baraxas pechárase pola neve, xa que estaban en Inverno.
Devolvéronlles o diñeiro e o gastaron en quedarse uns días máis no hotel pensando ideas para volver a casa.
Pasaba xa unha semana cando un neno chamado Antonio dixo:-¡Xa o teño!volvamos en varios taxis xa que nos queda un pouco de diñeiro.
Prepararon as súas maletas e colleron os taxis necesarios.
O viaxe foi xenial,os condutores rebaixaron un pouco a viaxe por entretelo polo camiño cantando.
Chegaron a Pontedeume e apertáronse cos seus pais.
¡por fin chegaran!
Foi unha aventura estupenda.
Fin.
Laura e Pablo

martes, 13 de enero de 2009

Meu aniversario


O pasado día 10 celebrei o meu aniverasrio no Odeón. Foron os meus amigos de superquintob e pasamono en grande. Primeiro fomos a Boleira unha hora e máis tarde fomos o cine a ver " Bolt". Esa película estivo xenial e, cando acabou fomos a "Burger King" e xantamos nel. Por último abrimos os regalos e todos eran moi bonitos. Espero que o meu próximo aniversario sexa idéntico. Sara Veiga

Non á guerra

lunes, 12 de enero de 2009

"Non é tan estraño"

ADAFAD (asociación de ayuda a familias de drogodependientes) vai desenvolver ao longo de seis sesións, unha por semana, unhas charlas que tratan de fomentar o respeto ás diferencias, tanto nun mesmo como nos outros e os hábitos de vida saludables como un valor fundamental para unha convivencia pacífica.
No noso curso vendran os luns a 2ª hora da mañá.
As sesións son as seguintes:
-Saúde: coidado do corpo.
-Manexar tensións e afrontar problemas.
-Convivencia familiar e escolar.
-Relacións sociais na Comunidade.
-Malos rollos.

Dende o noso blog iremos contando se hai cousas de interés , ¡que seguro que si!

viernes, 9 de enero de 2009

Mapa

Crisis humanitaria en Gaza

Guerra en Oriente próximo


Por primera vez desde el inicio de la ofensiva en Gaza hace 12 días, Israel interrumpió ayer tres horas sus ataques para permitir la entrada de bienes humanitarios en la franja, mientras son ya más de 700 muertos y casi 4.000 heridos.
Pero los doce ministros del gabinete "de seguridad" aprobaron la continuación de las operaciones terrestres, incluida una tercera fase que ampliará la ofensiva penetrando más en zonas pobladas.
La pausa en los combates,de tres horas, resultado de la fuerte presión internacional ejercida sobre Israel,para la entrada de medicamentos, alimentos.... ayer ya no la respetaban.
Yo creo que no se puede permitir lo que está pasando en Gaza y que entre todos debemos hacer algo para que esto cambie.

Sara Veiga Beceiro

jueves, 8 de enero de 2009

Un novo ano 2009

BubbleShare: Share photos - Easy Photo Sharing


Antes de comezar coas nosas obrigas, fomos saudar aos nosos compañeiros e compañeiras de 5ºA.

Deseos de paz neste novo ano.