Representamos a obra" do sombreiro chichiriteiro" que como xa vós contáramos é unha adaptación dun conto de M.Rivas que entre todos nós e os nosos profes:Roberto e Pilar adaptámolo a teatro.
Antonio pasouno fatal xa que as súas roupas dabánlle moitísimo calor e ademáis a función comezou máis tarde do previsto pois fallou a organización de entrada de novo despois do recreo co que o pobre case se nos axfixia. Dende o noso blog queremos darlle as felicitacións porque soupo aguantar con moita valentía.
Os profes felicitáronos e ademáis estaban moi orgullosos de nós porque soupemos actuar con moitísima naturalidade cando caeuse parte do escenario (un dos paneles)e seguimos adiante sen perder a compostura.
"A mensaxe da obra é clara, hai moita xente que abusa do poder pero ten o maxín baleiro, somete aos demais só pola forza xa seña física,política...intenta someter usando o medo, intenta calar a voz dos demáis. Este é o Chancho Colorao.
O sombreiro é o que todos podemos ser se queremos, é a forza positiva e de autoestima, e o sentimento de amor hacia as cousas que levan unha música de verdad e ledicia. Porque o único importante está no corazón, non vós olvidedes nunca diso."
Despois moitos nervios ¡que desastre! un mes preparando o noso playback e nada,olvidásenos a música, ó final apareceu a avoa de Laura e pechamos o festival.
Pilar emocionouse vendonos pois mirara unha vez un medio ensaio e non esperaba semellante traballo. Deunos todolos parabens e bicos.

