Este curso pasou moi rápido e case sen decatarnos onte foi o último día de clase. Xa que terminábamos quinto, un bo paseo pola praia de Cabanas sería o perfecto.
Xuntámonos quinto A e quinto B e emprendimos o paseo. Era moi interesante ver as distintas especies, plantas e lugares que vimos ao pasar.
Cando chegamos, uns decidimos darnos un chapuzón, pero en cambio outros optaron por xogar na área.
A maioría corrimos directos a auga. Alí, xogamos a moitas cousas. O primeiro consistía en pasar a pelota sen que o equipo contrario o collera, estabamos divididos en dous grupos, nenas e nenos. Despois o pano, a carreiras, a...
Fartos de xogar e nadar decidimos poñernos o sol e merendar. Despois de descansar e comer xogamos outro rato na área.
Xa era hora de volver! que rápido pasara o tempo. E de novo emprendimos o regreso ao colexio.
Este curso foi o mellor, aprendimos moitas cousas, practicamos diversos deportes e o último día fomos a praia.
Sara
2 comentarios:
Foi un acerto grande ir a praia pois fixo unha mañá de moitísima calor.
Si é verdade que o curso pasou moi rápido e que aprendimos moitas cousas.
Confio en que poidamos seguir comunicando a traves da rede.
Bicos
Lo pasamos genial y encima hacía calor hicimos bien en ir.
Chao.
Patri
Publicar un comentario