Definición de peón:
Unha buxaina ou peón é un corpo que se fai xirar cun cordel sobre unha punta de metal sobre a que sitúa a súa centro gravitatorio de forma perpendicular ao eixo de xiro, equilibrándose sobre un punto grazas á velocidade angular, que permite o desenvolvemento do efecto xiroscópico. Normalmente utilízase coma xoguete aínda que tamén foron usadas para xogos de azar e para realizar profecías e outros rituais.
O poder xiroscópico gradualmente diminuirá debido ao rozamento do aire, conducindo a que o corpo se balancée trazando unha traxectoria circular do seu punto de apoio ata que esta é maior que o centro de gravidade provocando finalmente a caída.
Definición de bailarete:
Un bailarete é un corpo que pode xirar sobre unha punta sobre a que se sitúa o seu centro gravitatorio de forma perpendicular ao eixo de xiro, equilibrándose sobre un punto grazas á velocidade angular, que permite o desenvolvemento do efecto xiroscópico. Normalmente utilízase como xoguete existindo numerosas formas derivadas da peonza clásica, que se fai xirar coa man, normalmente grazas a un saínte en vertical que permite imprimir a forza angular. Tamén foron utilizadas para xogos de azar e para realizar profecías e outros rituais. De feito, crese que este xogo, de orixe arcaica, está asociado con rituais de adiviñación e interpretación de presaxios en certa época do ano, utilizándose para recrear o movemento dos astros, dando posiblemente como froito á perinola.
Laura
Aquí hai un video do día do peón de ano pasado:
OBRADOIRO DE RADIO CON PONTE NAS ONDAS
Hace 1 semana
2 comentarios:
Que recordos!!
Alí no parque bailando o peón, todos xuntos...
Precioso slide
Bicos
Sara
Que recordos!!!
Aínda gardo fotos ben bonitiñas daquel día.
Os bos recordos permanecen nas nosas memorias.
Publicar un comentario