martes, 10 de marzo de 2009

Exposición fotográfica."Nais e fillas".Xosé Abad

A través das imaxes das nais e das fillas, o fotógrafo Xosé Abad presenta un percorrido pola evolución e polos cambios que en poucos anos teñen vivido as mulleres galegas.

Nais traballadoras do sector primario, mariscadora, redeira ou do sector da conserva contrastan coas posibilidades de formación e co emprego das súas fillas, ciruxana, bombeira ou mesmo piloto de aviación.
8 nais e 8 fillas que a través das fotografías de Xosé Abad e do audiovisual realizado por Sandra G. Rey, van contando as súas vidas, como mulleres, como traballadoras e como nais, e sobor de todo a mensaxe que lle transmitiron as súas fillas. A forza e o empuxe das nais que propiciou vidas diferentes para as fillas, con acceso a formación e a unha profesión ligada á migración das zonas rurais as cidades.

Un percorrido sociolóxico da evolución de Galicia a través da evolución das mulleres galegas.

Esta exposición conta coa participación da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e a inauguración enmárcase na celebración do Día Internacional da Muller, o 8 de Marzo.

No hay comentarios: